NUÑEZ SEIXAS, XOSE M.,
Biografía
Xosé Manoel Núñez Seixas (Ourense, 1966) estudou Historia nas Universidades de Compostela e Dijon, e doutorouse no Instituto Universitario Europeo de Florencia. Catedrático de Historia Contemporánea na USC, entre 2012 e 2017 foino tamén da Universidade Ludwig-Maximilian de Múnic, e profesor convidado no Colexio de Europa (Natolin), ben como nas universidades de Stanford, París VII, City University of New York e Turín, entre outras. As súas pescudas céntranse na historia comparada e transnacional dos nacionalismos e as identidades territoriais en Europa, os estudos migratorios, a historia sociocultural da guerra e a memoria das ditaduras. Entre as súas obras máis recentes, salientan e Spanish Blue Division on the Eastern Front (Toronto 2022); Suspiros de España. El nacionalismo español 1808-2018 (2018, Premio Nacional de Ensayo 2019); Beyond Folklore? e Franco Regime and Ethnoterritorial Diversity in Spain, 1930-1975 (Londres, 2023); e Eastern Front in European Memory (Londres, 2025); I luoghi del dittatore. Una memoria europea (Pisa, 2026), e (con S. Albiez-Wieck e R. Gil) e Spanish Empire: A Global History, 1478-1975 (Londres, 2026).